Unha novela que nos descobre a realidade angustiosa, crúa e actual dunha rapaza singular que ve crebada a súa vida pola anorexia. Plectrude nace no cárcere, orfa. Vai ser unha rapaza distinta, condicionada por esa circunstancia. Excepcional na escola, onde todos a admiran, a súa obsesión é ser bailarina na Ópera de París. Cando está a piques de realizar o seu soño, a dura disciplina da danza condúcea á anorexia.