Operation timed out after 3001 milliseconds with 0 bytes receivedLiteratura galega da muller / Carmen Blanco : Fundación Obra Social ABANCA
Operation timed out after 3000 milliseconds with 0 bytes received
Literatura galega da muller / Carmen Blanco
Vigo : Edicións Xerais de Galicia, D.L. 1991
368 p. ; 21 cm
Texto (visual)
sin mediación
Literatura galega da muller contén un conxunto de estudios sobre distintos aspectos da nosa producción feminina, precedido por toda unha homenaxe á actitude intelectual e vital de Virginia Woolf.
Aínda que a autora máis estudiada sexa Rosalía de Castro, aparecen tamén traballos sobre outras contribucións femininas á poesía, ao ensaio, a narrativa, ao teatro ou a literatura infantil e xuvenil. Deste xeito, conxúganse fenómenos tan decisivos neste terreo como a problemática social da escritora, a controversia sobre a especificidade da escrita feminina, o sufraxismo e o antisufraxismo, as relacións entre feminismo e nacionalismo, o comportamento literario da muller, etc.
A súa análise abórdase desde un pluralismo metodolóxico e interdisciplinar que vén dado pola utilización das máis diversas aportacións universais, particularmente, da xinocrítica e da crítica literaria feminista. Trátase, pois, dun libro pioneiro e necesario, de obrigada lectura para todos os interesados na literatura galega e na problemática da muller.
ISBN 84-7507-560-6
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
20194821.134.4/BLA/litBiblioteca TeatroDisponible