Iago vivía coas súas tías, a tía Pómez e a tía Bicuda, dúas mulleres vellas e feas que lle facían a vida imposible. Nunca o chamaban polo seu nome, senón que se referían a el como besta noxenta ou baldreu inmundo ou criatura miserenta, e por descontado non lle deixaban xogar nin ler, nin sair da casa agás para ir á leña ou limpa-lo xardín.Aquelo, para Iago, era un inferno.
Ata que un día sucedeulle algo realmente marabilloso. Cando estaba no monte collendo leña aparecéuselle un velliño que lle deu unha bolsa que había cambia-la súa vida. Alí ía empeza-la aventura máis grande e máis fermosa que Iago poidera ter soñado.