As malas mulleres / Marilar Aleixandre
1ª ed., 8ª reimp.
Vigo : Editorial Galaxia, 2024
248 p. ; 22 cm
Texto (visual)
sin mediación
A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, vistadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do "mudo coro das malas mulleres", que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en das esperanza ás desesperadas.

Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.
Premio Eduardo Blanco Amor, 2020 | Premio Nacional de Narrativa, 2022







ISBN 978-84-9151-597-5
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
001064154G-N/ALE/malBiblioteca TeatroDisponible