PENSAMENTO GALEGO I recolle algúns ensaios do "Grupo de intelectuais que tiveron o seu lar na revista NÓS, aparecida no ano 1920, e que acabaría sendo epónima".Esta antoloxía presentará un monllo de escritos menores, pero enteiros, con preferencia polos máis teoréticos entre os posibles. Non foron escolleitos á toa. Cada ún mostra un aspecto representativo do autor; entre todos coido que abranguen a panorámica dos temas e teimas do grupo. Déixolle ao lector o placer de descubrir os motivos particulares de ter escolleito en cada caso o escrito seleccionado. Completa o feixe o Limiar anónimo da revista NÓS, única declaración programática que se conoce do grupo". Así se expresa Carlos Baliñas no Limiar da escolma que hoxe chega ás mans do lector, e que quere dar resposta á pregunta: "Qué se ten pensado en galego?".O presente libriño, que non esgota o tema, deixa aberto o camiño de futuras entregas que coidamos necesarias para o conocimento daquelas ideas que manteñen aceso o sentimento da galeguidade.