É o momento da morte cando se descobre a verdade sobre un mesmo? En A noite do moucho un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Neta novela, publicada postumamente, Anxo A. Rei Ballesteros aborda desde a ficción, coa inmediatez da narración oral, algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade.