Operation timed out after 3000 milliseconds with 0 bytes receivedFilosofía da saudade / Ramón Piñeiro : Fundación Obra Social ABANCA
Filosofía da saudade / Ramón Piñeiro
Vigo : Galaxia, D.L. 1984
121 p. ; 20 cm
Texto (visual)
sin mediación
Contén varios traballos publicados orixinalmente en diferentes ocasións e algún inédito: A Filosofía e o home -- Significado metafísico da saudade -- Para unha filosofía da saudade -- Saudade e sociedade -- A Saudade en Rosalía
Por primeira vez, aparecen nun só volume os traballos de Ramón Piñeiro acerca da saudade. O lector ten así á súa disposición, en perspectiva clara e abarcable, unha das contribucións máis importantes que se fixeron a tema tan transcendental para a cultura galego-portuguesa, e aínda para a cultura universal.
Porque desde a altura cultural da posguerra e aproveitando as correntes máis fondas do existencialismo, Piñeiro logrou situar o problema sobre novas bases, abrindo unha etapa inédita no seu tratamento. Liberando a reflexión sobre a saudade da frouma sicoloxista, que ameazaba con a afogar, e do entusiasmo vagamente mesiánico e panteísta, que a facía sospeitosa dun romantismo carente de rigor, situouna na súa dimensión estrictamente metafísica. Tal se anunciaba xa desde o mesmo título do primeiro e fundamental dos seus ensaios.
A saudade foi presentada, en profundidade radical, comao sentimento da singularidade ontolóxica do home, e, polo mesmo, coma unha nova e radical posibilidade de ver o mundo e enfocar o misterio da existencia.
Os ensaios que viñeron a continuación —aquí integramente recollidos— foron a aplicación a aspectos ou autores concretos (tal o de Rosalía), ou a exploración de novas dimensións (tal o significado para a cultura galaico-portuguesa ou os seus condicionamentos sociais). D que non cabe dúbida é de que os ensaios contidos neste libro constitúen xa unha referencia indispensable para toda ulterior reflexión sobre o fenómeno entrañable e trascendental da saudade.
ISBN 84-7154-477-6
img
RegistroSignaturaBibliotecaDisponibilidadAcción.
0969515/591/PBiblioteca TeatroDisponible